GRAZAS POR ELIXIR GALICIA
“Grazas por elixir Galicia” xurde como unha acción de reactivación da demanda hostaleira no Turismo Rural e como colaboración da Asociación Galega de Turismo Rural – AGATUR coa Axencia Turismo de Galicia destinada entre outras a potenciar esta oferta en Galicia.
Adscrita á medida 18, este acordo promóvese co obxecto de reactivar e aumentar o gasto e sobre todo de promocionar os roteiros e produtos de proximidade xunto coa promoción das empresas turísticas que son as beneficiarias destas medidas e actividades.
Con este proxecto queremos promover e fomentar a recuperación do sector dos aloxamentos e crear unha sinerxía entre os colectivos implicados no turismo. Recuperar a economía local e promocionar os encantos ocultos de Galicia e os seus produtos.
“Grazas por elixir Galicia” está destinada a potenciar a oferta de Turismo Rural, engadindo novas propostas de valor que motiven alongar a estancia. Para alcanzar este obxectivo, formúlanse os AGASALLOS con dúas liñas de actuación.
“Descobre os xeodestinos de Galicia”
“Segredos das vilas de Galicia”
O beneficiario/a do AGASALLO será cada cliente que realice unha reserva no aloxamento rural e o facer dita reserva , os hóspedes poderán escoller un “AGASALLO”
Para o seu desenvolvemento cóntase coa participación de Guías Turísticos acreditados e Empresas de Turismo Activo.
Agradecemos a colaboración de APIT Galicia (Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia).
Moitas grazas.