AGATUR ás 21:30H. na TVG2 - A Porta Aberta

A PORTA ABERTA
HOXE ASOCIACIÓN GALEGA DE TURISMO RURAL (AGATUR). ÁS 21:30H. NA TVG2
O territorio galego, o seu rural, é un escenario que reúne as condicións óptimas para desenvolver un tipo de turismo moi representativo das esencias do país. O turismo rural leva anos propiciando unha forma de facer turismo racional e potenciando as calidades do rural galego. Pero os empresarios do sector tamén se enfrontan a retos de futuro que se derivan da súa estrutura como negocio. Para buscar solucións reúnense na Asociación Galega de Turismo Rural.
#PonAGalega #tvg2 #televisióndegalicia #APortaAberta #turismorural #Galicia #AGATUR