GRAZAS POR ELIXIR GALICIA

«Grazas por  elixir Galicia» xurde como unha acción de reactivación da demanda hostaleira no Turismo Rural e como colaboración da Asociación Galega de Turismo Rural –  AGATUR  coa  Axencia Turismo de Galicia destinada entre outras a potenciar esta oferta en Galicia.

Adscrita á medida 18, este acordo promóvese co obxecto  de reactivar e aumentar o gasto e sobre todo de promocionar os roteiros e produtos de proximidade  xunto coa promoción das empresas turísticas que son as beneficiarias destas medidas e actividades.

Con este proxecto queremos promover e fomentar a recuperación do sector dos aloxamentos e crear unha sinerxía entre os colectivos implicados no turismo. Recuperar a economía local e promocionar os encantos ocultos de Galicia e os seus produtos.

“Grazas por elixir Galicia” está destinada a potenciar a oferta de Turismo Rural, engadindo novas propostas de valor que motiven alongar a estancia. Para alcanzar este obxectivo, formúlanse os AGASALLOS  con dúas liñas de actuación.

«Descobre os xeodestinos de Galicia»
«Segredos das  vilas de Galicia»

O beneficiario/a  do  AGASALLO será cada cliente que realice unha reserva no aloxamento rural e o facer dita reserva , os hóspedes poderán escoller un “AGASALLO”

Para o seu desenvolvemento cóntase coa participación de Guías Turísticos acreditados e Empresas de Turismo Activo.

Agradecemos a colaboración de APIT Galicia (Asociación Profesional de Guías de Turismo de Galicia).

Moitas grazas.